Sobre Pasearte

 

Coincidindo cunhas datas tan relevantes para o comercio como son as do Nadal, Santiago Centro promove DO 5 DE DECEMBRO DE 2018 AO 5 DE XANEIRO DE 2019 a  celebración da segunda edición de Pasearte, unha iniciativa cultural que volverá a converter as rúas comerciais do Ensanche compostelán nun atractivo para pasear e gozar da arte nos seus escaparates, achegándoa así ao gran público e contribuíndo a poñer en valor o comercio de proximidade. A mostra está comisariada e dirixida por Javier Blanco, galerista e xestor cultural (Galería Metro). Realízase grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e máis Taller de Marcos.

 

En máis dun cento de comercios, de todos os tamaños e sectores, exhibirán as súas obras artistas en diferentes disciplinas, mostrando pintura, escultura, fotografía ou mesmo instalacións ad hoc para os escaparates. A selección e adaptación das obras para cada espazo foi realizada polas galerías compostelás TrintaNordésMetroLuisa Pita e Federica no era tonta, que sacan os seus fondos ás rúas e contribúen a dar visibilidade ao seu importante labor, así como a divulgar entre o gran público a obra dos artistas que representan.

 

 Pasearte é xa un referente cultural para Santiago e para Galicia, que proxectar a Zona Moderna como espazo lúdico e participativo en torno á cultura, contrinuíndo a eliminar barreiras urbanas e máis a promover o tránsito de veciños e visitantes. Pasearte inclúe ademais unha ampla programación transversal, con obradoiros, charlas, encontros ou accións artísticas en vivo para disfrutar da arte en diferentes formatos.