Sobre Focus Compostela

 

Focus Compostela xorde ante a necesidade de abranguer novas propostas lúdico-culturais para residentes e visitantes na cidade de Compostela, poñendo en valor o crecente interese por coñecer a identidade dos lugares que se transitan, o gusto pola imaxe e a pertenza de equipamentos audiovisuais na sociedade actual.

 

As visitas de Focus Compostela mesturan a divulgación cultural e a tecnoloxía, é dicir, historia e fotografía (ou do revés). Percorreremos distintas áreas da cidade propostas, poñendo en práctica catro modalidades de fotografía e temáticas con catro fotógrafos locais que nos amosarán a súa maneira de crear imaxes. Desfrutaremos ademáis das fotografías da época e o seu contexto histórico da man dunha guía oficial, con quen descubrir curiosidades e

recunchos agochados na nosa cidade.

 

escríbenos para recibir toda a información

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.