Sobre ClickAЯte

Séguenos en facebook

 

Porque a arte é diálogo e comunicación, ClickAЯte é unha nova iniciativa que nace dende Santiago de Compostela para acercarche aos espazos para a arte, galerías e museos da cidade, aos artistas e ás súas obras e reflexións artísticas. 

 

Ao longo do ano 2019, organizamos unha serie de visitas guiadasconversas e saídas fotográficas enfocadas á práctica da fotografía nas súas distintas modalidades onde poderás aprender compartindo, buscar a inspiración na obra doutros artistas, ou simplemente divertirte e pasar un bo momento.

  

ClickAЯte é un programa concebido en colaboración con galerías e espazos para a arte en Galicia e conta coa participación de artistas de disciplinas variadas: pintoras, escultoras, fotógrafas, escritoras, músicas, actores, etc., que aceptaron compartir a súa visión da práctica artística, a súa propia traxectoria profesional, e que en definitiva van abrirnos o seu mundo.  

 

escríbenos para recibir toda a información

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.