Programa 2019 Focus Compostela

Cada mes, propoñemos diferentes modalidades de fotografía ao longo de distintos entornos da cidade de Santiago de Compostela propicios para eles.

O nome dos e das fotógrafas que nos levarán serán anunciados próximamente.

Améndoa de Compostela

Fotografía analóxica

 

Contexto histórico: SIX-SXV. 

A orixe da cidade de Compostela: o achado do sepulcro do apóstolo provoca que aquela zona arbolada e afastada, de súpeto reciba visitantes de tódalas partes do mundo. A transformación é profunda, non só física se non social. Nesta visita voltamos ao soporte fotosensible percorrendo o longo e ancho das prazas máis importantes de Compostela e as rúas aledañas.

 

📌 comprar ticket | Máis información

 

Rúa Nova e Rúa do Vilar

Fotografía arquitectónIca

 

Contexto histórico: Séculos XV-XVII

Segundo as distintas ordenanzas municipais que se foron redactando e aplicado ao longo do tempo, a morfoloxía da cidade vella foise variando ata se converter nun sinuoso trazado que non deixa a ninguén indiferente: pasadizos, arcos, símbolos... A ruta comeza na Rúa do Vilar, atravesando a Ruela de Entrerrúas. Enlazamos ca Rúa Nova onde seguiremos a liña de soportáis que dan á Rúa de Xelmírez. Alí tomamos a Rúa do Vilar e finalizamos na Praza do Toural.

 

📌 comprar ticket | Máis información


Parque da Alameda

Fotografía de natureza

 

Contexto histórico: Século XIX

Sendo o primeiro parque plantexado na cidade, representa unha época de grandes investimentos, en concordancia cos avances sociais que tiveron lugar a nivel mundial. Falamos de natureza, arquitectura e literatura. Percorreremos o parque atravesando o paseo central para admirar o palco e bancos, subiremos á carballeira de Santa Susana, achegarémonos ao paseo das Letras Galegas e avanzaremos cara a porta dos leóns para rematar coas Marías.

 

📌 comprar ticket | Máis información

Zona nova

Fotografía de rúa

 

Contexto histórico: SXX - Actualidade

A cidade quere ser moderna e vaise proxectando como tal. Cruzaremos as prazas máis significativas da zona nova co fin de crear composicións no contexto urbán: as cores, os contornos, as estruturas, as persoas... todo o que apareza de maneira fortuita e nos sirva de pretexto. Comezamos na Praza de Galicia, pasando pola Carreira do Conde e a Praza Roxa, facendo paradas en cada enclave.

 

📌 comprar ticket | Máis información